32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
O Congreso de Santiago > A Forza das Minorías

A Forza das Minorías

Por que motivo ían as minorías querer transformar unha sociedade na que están perfectamente instaladas e que sacraliza os seus privilexios? Se cadra as maiorías aparecen nunha primeira ollada como a forza social dominante, pero quen cambia profundamente as sociedades son sempre, agora e ao longo da historia, as minorías. As minorías –tanto sociais como étnicas, lingüísticas, de xénero ou relixiosas- posúen unha forza e un dinamismo interno que este Congreso quere contribuír a valorar criticamente, a potenciar dende a equidade, a resaltar, no marco da convivencia entre todos os pobos da Terra.