32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Participa > Inscrición

Inscrición

Para rexistrarte como participante no Congreso, rogámosche que introduzas os datos que se solicitan na aplicación ao final desta páxina e que procedas ao pago da cota de inscrición, sexa insertando os datos da tarxeta de crédito ou ben a través dunha transferencia bancaria.

Neste último caso rogamos que nos mandes, antes de 14 días, unha copia do comprobante de pagamento a un dos seguintes enderezos de correo electrónico (comisariaibby2010@oepli.org ou manuelramos@santyago.es) ou vía fax á Axencia Sant Yago (Fax: +34-981-553 112).

Despois de efectuar a inscrición e o pagamento, recibirás automaticamente a confirmación de rexistro e pagamento. No caso contrario rogámosche que te poñas en contacto coa Axencia Sant Yago (manuelramos@santyago.es; Tel.: +34-981-599 256).

Se xa te rexistraches con anterioridade e desexas efectuar o pagamento agora, podes introducir os teus datos para recuperar o teu rexistro e realizar o pagamento de acordo co prezo actual da cota de inscrición (seleccione a opción de tarxeta).

Se queres traer un acompañante, este pode participar tamén nas actividades complementarias do Congreso (exposicións, excursións, ceas, etc.), sen ter que formalizar unha inscrición completa. Fai click na opción Cun / cunha acompañante para beneficiarte desa oferta.

Desde o 1 de decembro de 2009 e até o 31 de maio de 2010, os pagamentos efectuados poderán beneficiarse dun desconto do 10%. A partir de 1 de xuño de 2010 aboarase a taxa completa de inscrición.

IBBY estableceu oito categorías diferentes para determinar os prezos de inscrición, en función dos países de orixe dos participantes no Congreso, ofrecéndolles así a posibilidade de participar en igualdade de condicións a congresistas procedentes de lugares con economías menos desenvolvidas. O Grupo I reúne os países pertencentes ás categorías 1, 2, 3 e 4 de IBBY; o Grupo II os países pertencentes ás categorías 5 e 6; o Grupo III os países pertencentes ás categorías 7 e 8. De non atopares o teu país na lista ou se queres aclarar algunha pregunta relacionada cos prezos e a inscrición, por favor, no dubides en poñerte en contacto coa organización do congreso. O pagamento das taxas dá dereito ás seguintes prestacións: participación nas actividades programadas (agás as actividades opcionais), servizo de cafetería nos descansos, comidas, recepcións, cea de despedida, bolsa e documentación do congresista, certificado de asistencia e recepción das actas do congreso.

CategoríasTaxas-10%
Grupo I527€474,3€
Grupo II490€441€
Grupo III350€315€
Acompañantes250€*
Escolla un método de pago
Tarxeta