Como o seu nome indica, estas unidades terán un contido eminentemente práctico e profesional, dirixido a colectivos e cun número de prazas definido. Son estes os obradoiros programados ata o momento:
Philippe Claudet (Les Doigts Qui Rêvent, Francia): Libros Ilustrados Táctiles – teoría e práctica. Neste obradoiro, os participantes aprenderán a recoñecer a calidade dun libro ilustrado táctil para nenos cegos e poderán eles mesmos deseñar un libro ilustrado táctil.
Eva Mejuto (OQO Editora, España): A función das imaxes nas publicacións de literatura infantil. A análise das imaxes como elementos específicos de comunicación e a súa función no álbum ilustrado serán o tema central deste obradoiro.
Elizabeth Poe (Estados Unidos de América): Desenvolvendo o entendemento literario a través de líneas internacionais: Unha experiencia teatral de lectores en cinco actos. Participan: David Almond (Estados Unidos de América), Marcos S. Calveiro (Galicia, España), Ana María Machado (Brasil), María Reimóndez (Galicia, España). Neste obradoiro, os catro participantes explorarán mediante a dramatización e a escenificación de textos un novo método para un achegamento alternativo á literatura.
Cecilia Silva Díaz (España), Brenda Bellorín (España), Evelyn Arizpe (Reino Unido): Travesías visuais con lectores inmigrantes. Neste obradoiro se debaterán as posibilidades da utilización de albumes ilustrados no traballo con nenos inmigrantes.
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010