32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Programa > Áreas de coñecemento

Áreas de coñecemento

Literatura infantil e xuvenil: unha minoría no conxunto da literatura

Malia a alta calidade e a importante presenza dos libros para nenos no mundo da edición e no desenvolvemento xeral da literatura, estes seguen a ter un status de minoría para editores, escritores e medios de comunicación en xeral. Por que escribimos ou ilustramos para nenos nesas condicións?

Literatura infantil e xuvenil en linguas minoritarias: da diferencia á supervivencia

As literaturas escritas en linguas minoritarias ou minorizadas teñen que facer fronte a moi diversos retos. A súa supervivencia depende de factores como o seu contexto socio-político, o grao de oficialidade do que gocen e a resposta xeral da poboación diante da pluralidade cultural e lingüística. Os libros infantís poden contribuír á normalización da edición en linguas minoritarias, pero son moitas as dificultades ás que se ten que enfrontar unha editorial cuxos produtos están destinados a distribuírse nun mercado tan reducido.

Lectores en situación de minoría

Os nenos e os mozos con minusvalías ou necesidades especiais adoitan atopar moitas dificultades para acceder aos libros ou para gozar do placer lector. É preciso atopar solucións para afrontar estas dificultades.

Lectores sen infancia

Os libros e a lectura adoitan considerarse bens básicos para o desenvolvemento intelectual e cultural e para o progreso dos máis novos. Pero non todos os nenos teñen un acceso doado aos libros. Como podemos falar de libros e lectura a aqueles lectores que non teñen infancia, os nenos explotados, aos que nin sequera teñen abondo para comer?

Eu son lectora, ti es lector...

Segue a ser necesaria unha literatura infantil que teña en conta a problemática de xénero? Como tratar, dende os libros para os máis novos, cuestións relacionadas coa orientación sexual ou cos dereitos das minorías sexuais?

Globalizando os conceptos pluralidade e tolerancia a través dos libros infantís

O século XXI debe garantir a supervivencia das minorías como camiño cara a un futuro mellor. Nese sentido, a pluralidade e a tolerancia, claves para un mundo máis xusto, teñen que afondar no respecto das minorías.