A duración de cada seminario será de 90 minutos. Aqueles autores seleccionados polo Comité Científico farán unha presentación da súa comunicación que non sobordará os 10 minutos, presentándose seis comunicacións por seminario. Despois da exposición das comunicacións haberá tempo para sometelas a debate co público.
O autores das comunicacións poderán dispoñer de medios técnicos e audiovisuais (canón de vídeo, proxector de transparencias, ordenador para presentacións de powerpoint) para a presentación, sempre que así sexa solicitado previamente aos organizadores do congreso.
O Comité Científico comezará o seu labor en xaneiro de 2010. A partir do mes de abril de 2010, a organización do congreso porase en contacto cos autores seleccionados. O prazo para a entrega da versión definitiva da comunicación será o 30 de xuño de 2010.
Celebraranse seminarios sobre os temas seguintes:
Minorías de xénero e opción sexual
Minoría lingüística e cultural
Literatura infantil e xuvenil contra a invisibilidade cultural
Medios de comunicación e globalización
Outras formas de minorías
Editar desde a minoría
Promoción lectora
Xéneros minoritarios: cómic
Xéneros minoritarios: poesía
Tradición oral: a inmensa minoría
Cine e animación / Teatro
Tradución
A ilustración
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010