A Lista de Honra IBBY é unha selección bienal de libros sobresalientes de recente publicación pertencentes a todos os países membros de IBBY. O seu obxectivo é favorecer o entendemento internacional a través da literatura infantil e xuvenil.
Cada unha das Seccións Nacionais de IBBY designan un libro en cada unha das tres categorías existentes: Autores, Ilustradores, Tradutores. Aqueles países que contan con produción en máis dun idioma, poden nomear ata tres libros nas categorías de Autores e Tradutores en cada idioma oficial.
A presentación dos diplomas da Lista de Hora 2010 terá lugar o xoves 9 de setembro de 2010. Ademais, celebrarase unha mesa redonda o sábado 11 de setembro de 2010..
Consulta aquí a lista de galardoados.
• Entrega dos Premios IBBY-Asahi de Promoción da Lectura de 2010 (20º aniversario)
Patrocinados pola empresa Asahi Shimbun, estes premios outórganse bienalmente, desde 1986, co obxectivo de recoñecer as actividades de grupos ou institucións que realicen programas de promoción de lectura para a infancia e a mocidade.
En 2010, o galardón recoñeceu a actividade de Osu Children's Library Fund of Ghana (IBBY Canadá), unha entidade canadense que desenvolve proxectos de bibliotecas en Ghana, e mais do Convenio de Cooperación ao Plan de Lectura de Medellín, Colombia (IBBY España), que vén desenvolvendo a Fundación Jordi Sierra i Fabra en colaboración coa alcaldía de Medellín.
O venres 10 de setembro de 2010, a presentación dos proxectos galardoados terá lugar no Palacio de Congresos, e a cerimonia de entrega dos premios se celebrará no Hostal dos Reyes Católicos.
• Reunión de Bookbird
Bookbird é unha revista especializada en literatura infantil e xuvenil que publica IBBY na que colaboran un comité editorial internacional, escritores invitados e correspondentes das distintas Seccións Nacionais. A reunión dos correspondentes desta revista, aproveitando o Congreso, celebrarase o venres 10 de setembro.
• Entrega dos Premios Hans Christian Andersen de 2010
Considerados como os máis prestixiosos galardóns da literatura infantil e xuvenil mundial, outórganse cada dous anos a un autor e a un ilustrador vivos en recoñecemento á súa contribución a este ámbito.
En 2010, o xurado de IBBY acordou galardoar o escritor británico David Almond e á ilustradora alemá Jutta Bauer.
A gala de entrega das medallas e diplomas que acreditan os gañadores dos Premios Andersen 2010, terá lugar o sábado 11 de setembro de 2010 no Palacio de Congresos, dentro das actividades que forman parte do Congreso.
• IBBY Forum
Consiste nun espazo de encontro entre as diferentes Seccións Nacionais que compoñen IBBY, que se deseña como unha reunión conxunta inicial, seguida de diferentes grupos de traballo. O IBBY Forum terá lugar o domingo 12 de setembro de 2010.
• Asemblea Xeral de IBBY
Durante o presente Congreso terá lugar, como é habitual no funcionamento de IBBY, unha Asemblea Xeral para designar o seu novo Comité Executivo e o seu novo Presidente para os próximos dous anos. A Asemblea terá lugar o domingo 12 de setembro de 2010.
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010