32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Programa > Exposicións

Exposicións

No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia:

  • “100 de hoxe: Ilustradores e escritores de literatura infantil e xuvenil do Estado Español”: Exposición patrocinada polo Ministerio de Cultura de España.
  • “Ler o mundo”: Presentación de fotografías que retratan experiencias de lectura no mundo enviadas polas seccións de IBBY.
  • “Exposición Premios Andersen 2010”: Exposición das obras dos candidatos e gañadores dos Premios Hans Christian Andersen 2010.
  • “Exposición Lista de Honra de IBBY 2010”: Exposición das obras nomeadas para a Lista de Honra de IBBY 2010.
  • “Exposición Premios IBBY-Asahi 2010”: Exposición dos proxectos gañadores dos Premios IBBY-Asahi de Promoción Lectora 2010 no seu 20 aniversario.
  • “22ª Bienal de Ilustraciones Bratislava”: Exposición das obras premiadas.
  • “A literatura infantil e xuvenil galega e as minorías”: Exposición patrocinada pola Asociación Galega de Editores.
  • “Os libros do Centro IBBY dos Libros Infantís e Xuvenís para Nenos con Discapacidades de Oslo”.
  • “As caras da multiculturalidade”: Exposición dos Libros Únicos de Anne Pellowski.
  • Mundos da historia. Historias do mundo, 50 anos de literatura infantil-xuvenil galega. Exposición organizada por Gálix / Xunta de Galicia.


Na cidade:

  • Galería Sargadelos
    Rúa Nova, 16 (1º e 2º andar)
    10:30 – 13:45 h / 16:30 – 20:30 h
    BLUE BOOK GROUP
    O Blue Book Group é unha iniciativa artística creada por Hassan e Ali Amekan (Irán) en 2007, que presenta o traballo de ilustradores profesionais procedentes de distintos países do mundo. A exposición reúne a 96 creadores plásticos de distintas nacionalidades, elixidos polo seu dinamismo e pola súa actividade a tempo completo nesta materia.
    Patrocina: Concello de Santiago de Compostela / Kalandraka

  • Galería Sargadelos
    Rúa Nova, 16 (planta baixa)
    10:30 – 13:45 h / 16:30 – 20:30 h
    EXPOSICIÓN PREMIO COMPOSTELA DE ÁLBUM
    Patrocina: Concello de Santiago de Compostela / Kalandraka

     
  • Biblioteca Obra Social Caja Madrid de Santiago de Compostela
    Casas Reais, 14
    09:00 – 21:00 h
    MADRECHILLONA JUTTA BAUER