COMITÉ EXECUTIVO
En outubro de 2009, decidiuse crear un Comité Executivo para axilizar os traballos preparativos do Congreso e para garantir que as propostas e as colaboracións de todos os sectores relacionados co libro infantil e xuvenil en Galicia e en España repercutan na organización do Congreso.
Por orde alfabética, o Comité Executivo está composto por:
• Marilar Aleixandre, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, Premio Lazarillo en 1999
• Manuel Bragado, escritor, editor e Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia
• Manuel Figueiras, presidente de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección de lingua galega de OEPLI, profesor e director da Feria Internacional de Literatura Infantil de Chantada (Lugo)
• María Jesús Gil, editora, presidenta de OEPLI, Organización Española del Libro Infantil y Juvenil, sección española de IBBY
• Xavier Senín Fernández, profesor e escritor.
Comisaria do 32º Congreso Internacional de IBBY:
• Henrike Fesefeldt, Doutora en Historia Contemporánea
comisariaibby2010@oepli.org
COMITÉ ORGANIZADOR
O comité organizador fundouse en 2004 co propósito de establecer unha rede de colaboracións entre profesionais dos distintos campos relacionados co tema que define o 32º Congreso de IBBY: A Forza das Minorías, de xeito que en 2010 todos os sectores implicados e interesados na Literatura Infantil e Xuvenil teñan asegurada a súa presenza.
Á parte dos membros do Comité Executivo conforman este comité, por orde alfabética:
• Asun Agiriano, presidenta de Galtzagorri Elkartea, sección de lingua vasca de OEPLI
• Xabier Cid, periodista e consultor en tecnoloxías electrónicas
• José Luis Cortés, editor, presidente do Consejo General del Libro Infantil y Juvenil , sección de lingua castelá de OEPLI
• Pablo Couceiro, libreiro especializado no libro galego
• Augustín Fernández Paz, escritor e mestre, Premio Lazarillo 1990, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2008
• Ánxela Gracián, escritora, tradutora e editora, vicepresidenta primeira de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección de lingua galega de OEPLI
• Gloria Sánchez, escritora, mestra, Premio Lazarillo en 2000, ex-presidenta de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección de lingua galega de OEPLI
• Miguel Vázquez Freire, profesor, escritor e investigador sobre ilustración infantil, 2º vicepresidente de GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección de lingua galega de OEPLI
• Marta Vilagut, editora, presidenta de CLIJCAT, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil, sección de lingua catalá de OEPLI
• Oscar Villán, ilustrador, Premio Nacional de Ilustración en 1999
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010