32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Que son os Congresos IBBY > Que son os congresos de IBBY?

Que son os congresos de IBBY?

Os congresos bienais de IBBY permiten a xuntanza dos membros de IBBY con outras persoas interesadas nos libros para nenos e mozos e mais o desenvolvemento de iniciativas de promoción da lectura en todos os países do mundo. Os congresos son excelentes ocasións para coñecer outros profesionais, intercambiar ideas e abrir horizontes.

Cada dous anos unha Sección Nacional diferente actúa como anfitrioa do congreso. Centos de congresistas asisten ás conferencias, ás mesas redondas, aos seminarios e mais aos obradoiros que se levan a cabo sobre os temas definidos. Un congreso IBBY serve tamén como marco de reunións, da celebración da Asemblea Xeral de IBBY e mais dos actos que teñen lugar co gallo da entrega do Premio Hans Christian Andersen, da Lista de Honra do IBBY ou da entrega dos Premios IBBY Asahi Reading Promotion, entre outros eventos.