32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Que son os Congresos IBBY > OEPLI: IBBY en España

OEPLI: IBBY en España


OEPLI

A Organización Española del Libro Infantil y Juvenil, é a sección española do IBBY. Constituíuse formalmente o 27 de xullo de 1982. É unha entidade sen fin de lucro que se encarga da realización e coordinación de todo tipo de actividades de promoción do libro infantil e da lectura, así como das funcións de representación en España de IBBY. A súa presidenta actual é María Jesús Gil. En consonancia coa realidade lingüística e cultural de España, a OEPLI está constituída polas seguintes catro seccións territoriais:


CONSEJO GENERAL DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL

Sección de lingua castelá. Creouse o 27 de xullo de 1982 co nome de Sección de Madrid. En 1999 reestruturouse e mudouno polo de Consejo General del Libro Infantil y Juvenil e engloba todas as comunidades de lingua castelá. Está constituído pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, a Cámara del Libro de Madrid, a Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez. José Luis Cortés é o actual presidente do Consejo General del Libro Infantil y Juvenil.


CCLIJ

Consell Català del Llibre per a Infants i Joves. Barcelona. Sección de lingua catalá. Federación de asociacións ou entidades, sen fin de lucro, que se creou en Barcelona o 5 de maio de 1982 coa finalidade de promover e difundir o libro e a lectura. Está integrado polas seguintes entidades: Associació Catalana d’Amics del Llibre Infantil i Juvenil (ACALI), Associació d’Editors del País Valencià, Associació d’Editors en Llengua Catalana, Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC), Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya (APIC), Cambra del Llibre de Catalunya, Servei de Documentació de Literatura Infantil i Juvenil (SDLIJ). Biblioteca Xavier Benguerel, Consorci de Biblioteques de Barcelona, Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC). Col·legi Oficial de Bibliotecaris - Documentalistes de Catalunya (COBDC), Generalitat de Catalunya, Departament d’Educació de la Generalitat de Catalunya (SEDEC), Gremi de Llibreters de Barcelona i Catalunya, Fundació Bromera per al Foment de la Lectura, Gremi d’Editors de Catalunya. A súa presidenta actual é Marta Vilagut.

GÁLIX

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Sección de lingua galega. Naceu o 14 de xaneiro de 1989, sen fin de lucro e co propósito de defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil, recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil e asumir a representación galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporta. Está integrada por diferentes sectores relacionados coa literatura infantil e xuvenil, isto é: docentes, bibliotecarios/as, escritores/as, ilustradores/as, tradutores/as, centros escolares, asociacións de editores, de escritores en lingua galega, de ilustradores/as e de libreiros/as. Actualmente o seu presidente é Manuel Figueiras.

Galtzagorri Elkartea

Fundada en 1990 co principal obxectivo de promover e dar a coñecer a literatura infantil e xuvenil en éuscaro. Creouse a través dunha fórmula de libre asociación que reúne os diferentes sectores e axentes que se moven ao redor do mundo da literatura infantil e xuvenil en lingua vasca (profesores/as, escritores/as, ilustradores/as, editoriais, bibliotecarios/as e libreiros/as). Na actualidade Galtzagorri Elkartea está presidida por Asun Agiriano.