32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Datos básicos > Como chegar?

Como chegar?

En avión

Santiago conta cun aeroporto internacional situado a 10 km do centro da cidade. 

Las compañías que voan ata Santiago son: Aerolíneas Argentinas, Air Berlin, Air Europa, Aer Lingus, Air Nostrum, Clickair, Iberia, Plaza, Ryan Air, Spanair, Vueling.

Hai voos directos ata as principais cidades españolas: Alacante, Barcelona, Bilbao, Fuerteventura, Lanzarote, Las Palmas, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife, Valencia y Zaragoza.

Ademais existen voos directos ás seguintes capitais europeas: Londres, Roma, Frankfurt, París, Dublín e Liverpool. 

Tamén se pode chegar a Santiago de Compostela en voos vía Palma de Mallorca, desde Amsterdam, Berlín, Dresden, Düsseldorf, Erfurt, Frankfurt, Hamburgo, Hannover, Leipzig, Linz, Londres, Milán, Múnic (MUC), Viena o Zürich. 

Para resolver calquera dúbida ou información sobre o aeroporto de Santiago, estes son os teléfonos de contacto: (+34) 981 54 75 00 / (+34) 981 54 75 01 / 902 404 704. 

A empresa de autobuses Freire une o aeroporto de Santiago con diferentes puntos da cidade. Aquí podes consultar os horarios de saída e chegada dos autobuses. No aeroporto existe tamén servizo de taxis. O prezo do traxecto ata o centro da cidade é de aproximadamente 19 €. 

Outra opción para chegar a Santiago é facelo desde los aeroportos internacionais dispoñibles nas cidades de A Coruña e Vigo. Neste caso, é necesario ter en conta que viaxaredes a cidades que situadas a 100 km de distancia de Santiago. Para cubrir esta distancia pódese recorrer ao autobús e ao tren (Vigo-Santiago, Coruña-Santiago), aínda que previamente é preciso trasladarse desde o aeroporto ás estaciones de autobús ou tren destas cidades.


En tren

Ata a estación de tren de Santiago pódese chegar dende Madrid, Bilbao, París e Barcelona con, cando menos, un tren diario. O tren tamén é un bo recurso para viaxar por Galicia e gozar da súa paisaxe, fundamentalmente ao longo da costa occidental. 


En bus

Hai un par de liñas de autobuses de longa distancia que operan en Santiago. Enatcar Internacional conecta a cidade con Madrid, o norte de España, Andalucía, o norte de África, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza. Do mesmo xeito Socitransa  ten liñas regulares a Bélxica, Alemaña, Francia, os Países Baixos, Suíza, Romanía ou Portugal.


En coche

Hai xeitos máis ecolóxicos de chegar ata Santiago, pero se queres aproveitar unha paisaxe marabillosa, estas son as distancias con cidades:

Porto: 226 km
Lisboa: 530 km
Madrid: 599 km
Bilbao: 569 km
Barcelona: 1.094 km
Rabat: 1.340 km
París: 1.482 km
Londres: 1.876 km
Milán: 1.880 km
Ámsterdam: 1.985 km
Praga: 2.508 km
Berlín: 2.531 km
Goteburgo: 2.992 km
Cracovia: 3.029 km
Atenas: 4.475 km