Santiago de Compostela acolle con moita frecuencia congresos de nivel nacional e internacional. Por iso dispón dunha excelente rede hoteleira para todos os públicos que comprende dende as grandes cadeas de hoteis españolas ata pequenos e acolledores hoteis no interior da cidade vella.
Suxerímosche que fagas as reservas con adianto, xa que o ano 2010 coincide co vindeiro Ano Xacobeo e Compostela, nesas ocasións, énchese coa visita de milleiros de persoas. O Comité Organizador do Congreso conta xa cunha importante bolsa de habitacións reservadas en establecementos hoteleiros de distintas categorías para poñer a disposición dos congresistas. No mapa ao final da páxina atoparás información sobre os hoteis dispoñíbeis para os participantes no Congreso e terás acceso ao formulario para efectuar unha reserva de habitación de hotel a través da Axencia Sant Yago. No caso de que busques hoteis dunha categoría máis económica, poñermos á túa disposición información sobre pensións e residencias económicas para que poidas valora a oferta dispoñíbel en Santiago de Compostela.
Dado que o Palacio de Congresos e Exposicións está situado na periferia de Santiago de Compostela, se ofrecerá un servizo de transporte que polas mañás recollerá aos congresistas en determinadas paradas para achegalos ao Palacio de Congresos e que pola tarde os levará de volta a Santiago de Compostela.
Contacta coa Axencia Sant Yago se precisas máis información.
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010