32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Vémonos en Santiago! > Que falamos?

Que falamos?

Os galegos falamos galego e castelán. Case todos os galegos entenden a súa lingua propia e unicamente os máis vellos de entre eles teñen dificultades para escribila con corrección.

O galego deriva do latín que se falou no noroeste da Hispania romana; como lingua románica é parte da mesma familia co o español, o catalán, o francés, o italiano ou o romanés. É unha lingua moi próxima ao portugués, e de feito e de dereito compartiron a mesma historia ata mediados do século XVI. Malia a que as dúas linguas tomaron camiños distintos dende entón, os galegos poden comprender o portugués que falan millóns de persoas en América, Europa e África sen excesivo esforzo.

O galego fálase en Galicia e nas zonas fronteirizas ao leste da comunidade autónoma. Tamén o falan nas comunidades emigrantes en Sudamérica (sobre todo en Arxentina e Uruguai) e en Europa (en especial en Alemaña, Suíza, Francia, Madrid, Cataluña e o País Vasco). En total, haberá uns dous millóns e medio de falantes de galego, e para dous millóns é ademais a súa lingua inicial e a empregan regularmente na súa vida cotiá.


Na actualidade, o galego ten o status de lingua cooficial en Galicia, e está presente no ensino e nos medios de comunicación. É a primeira lingua da maioría dos galegos e a máis empregada a diario.

Máis información:

  • Loia, unha web sobre o galego.