32nd International IBBY Congress - 32º Congreso Internacional de IBBY

The strenght of minorities - A forza das minorías - La fuerza de las minorías

Index
Vémonos en Santiago! > O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é unha das mostras espirituais, artísticas, históricas e culturais máis impresionantes do mundo, e foi declarado como primeira Ruta Cultural Europea polo Consello de Europa en 1987. Os distintos camiños que levan a Santiago están ateigados de peregrinos de todos os recantos do mundo que mesturan os seus idiomas, costumes e culturas conforme se van achegando á cidade. Ademais, camiñar a Santiago converteuse nun xeito de vida: tanto por razóns relixiosas como por calquera outras, e a antiga vía de peregrinación é unha das opcións máis interesantes para o lecer, a exploración cultural e o desenvolvemento persoal.

Ademais da historia e do culto ao apóstolo Santiago, hai que ter en conta a existencia dos anos Xacobeos, durante os que se garante a absolución total dos pegados dos peregrinos a Santiago, que sitúan a nosa cidade entre as tres capitais da Cristiandade xunto con Roma e Xerusalén. Os vindeiros anos xubilares serán o 2010 (precisamente) e o 2021. Neles, coma sempre, a cidade brillará de novo con gran cantidade de visitantes e turistas.

Máis información: