Galicia está situada no noroeste da Península Ibérica e foi considerada polos romanos como unha das fins do mundo (de aí o nome de Fisterra -Finis Terrae-, a súa punta máis occidental). Constitúe unha das 17 autonomías de España e ten unha longa tradición primeiro como reino, e logo como rexión con personalidade de seu. A superficie, conformada por catro provincias, é de 29.574 km2. Conta con 2.767.524 habitantes e cunha densidade de poboación de 93.6 hab/km2.
A paisaxe galega está repleta de tonalidades verdes e azuis. O azul venlle dunha das súas maiores atraccións: os 1.500 km de costa que comprenden máis de 700 praias, algunhas de delas non moi lonxe de Santiago. Tamén están as rías, unha especie de fiordes baixos con extraordinarias vistas cheas de vida natural. O verde venlle pola paisaxe de prados e bosques, que fan de Galicia unha das zonas con máis riqueza natural de España.
Economicamente, a industria galega repousa sobre tres piares básicos: a enerxía (sobre todo hidroeléctrica e eólica), a industria da automoción e a pesca, en particular a industria da conserva. Non podemos esquecer o feito de que Galicia é unha potencia pesqueira mundial e que os galegos son das persoas que máis peixe comen do mundo. Cunha flota de máis de 5.000 embarcacións, aos portos galegos chega a metade das capturas pesqueiras de España, e é a cuarta potencia de Europa por volume de peixe descargado.
Organiza:
OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil IBBY, International Board on Books for Young PeoplePatrocina:
Ministerio de Cultura, Gobierno de España Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural Concello de Santiago Fundación Cidade da Cultura de Galicia Fundación SM Ano da Lectura 2010 Plan de Fomento de la Lectura Xacobeo 2010